|
I edición do festival Jazz Mariñas
|
| (19/06/08) escrito por Administrator |
A I edición constará de nove concertos, que percorrerán os concellos de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. tres exposicións e unha clase maxistral dirixida por Baldo Martínez e Carlo Actis Dato. O programa é o seguinte: Exposición sobre os 30 anos de Jazz Filloa (mítico local de jazz coruñés), que percorrerá a Aula da Natureza do Xardín Botánico en Culleredo (16-22 de xuño); o Centro Cívico de Arteixo (23-29 xuño) e a Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada (30 de xuño- 6 de agosto).
Concertos. Todos os concertos serán ás 20.30 horas. Venres 20 de xuño, Xardín Botánico de Culleredo "ANDRÉS RIVAS TRÍO" Sábado 21 de xuño, Centro Administrativo de Usos Sociais de Carral. "ROBERTO SOMOZA TRÍO". Domingo 22 de xuño. Centro Social A Barcala de Cambre. "MARCOS PIN CUARTETO". Venres, 27 de xuño. Centro Cívico de Arteixo "TERELA GRADÍN QUINTETO". Sábado 28 de xuño. A Fábrica de Oleiros. "VI-GOP". Domingo 29 de xuño, Casa da Cultura de Bergondo. "PABLO SEOANE TRÍO". Venres 4 de xullo. Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. "CARMEN REY GRUPO". Sábado 5 de xullo. Edificio Liceo de Betanzos. "PEPE EVANGELISTA". Domingo 6 de xullo. Edificio Liceo de Betanzos. "JAVIER CONSTENLA CUARTETO". + info en dicoruna.es
Votar favorito (27) | Visto: 592
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
| [Volver] |